Aceptar
Este sitio usa cookies política de cookies

sobre o evento

O obxectivo deste encontro, liderado polas principais entidades galegas, é formar e informar sobre a normativa, solucións, retos e ameazas no campo da seguridade no universo Dixital.


fotogalería


Desenvolvemento do evento:


  • Nas tres primeiras xornadas celebraranse talleres en distintas sedes das universidades e na AMTEGA, onde se presentarán ciber-Retos nos chamados niveis nup e prol.

  • A cuarta xornada, orientada ao ecosistema empresarial galego, contará con expertos locais e internacionais que participarán en diferentes mesas redondas. Durante a pausa do café presentaranse os traballos desenvoltos ao longo das dúas primeiras xornadas nas Universidades da Coruña e de Vigo na contorna da Ciberseguridade.

  • Os premios entregaranse na xornada de peche, o 17 de outubro, ante as empresas asistentes e representantes de escolas universitarias.


premios

  • Un premio á Tese de Doctorado en Ciberseguridade: 700 €

  • 2 premios á Tese fin de Máster en Ciberseguridade na UVIGO e na UDC: 400 € cada uno de eles

  • 2 premios á Tese de Fin de Grado en Ciberseguridade na UVIGO e na UDC: 300 € cada uno de eles.

  • 1 premio reto GRADIANT – HIJOS DE RIVERA: 500€

  • Entrega de Premios CyberSec@GAL 2019

  • participa no premio

  • os gañadores

axenda


2019
Luns 14 de outubro

(T214. Escola de enxeñería de Telecomunicación Univ. de Vigo) e (L2.02 Facultade de Informática Univ. A Coruña )

16:00 a 20:00 Obradoiro: Introdución á auditoría de dispositivos IoT e IIoT mediante Shodan

Martes 15 de outubro

(T214. Escola de enxeñería de Telecomunicación Univ. de Vigo) e (L2.02 Facultade de Informática Univ. A Coruña)

16:00 a 20:00 Obradoiro: Análise de vulnerabilidades en contornos Windows e Linux.

Mércores 16 de outubro

(Sala I Biblioteca, Gaiás)

16:30 a 17:00 charla técnica EMETEL “Evasión da Seguridade de Rede”
Presentación das principais técnicas de evasión da seguridade das redes: IDS/ IPS, firewall, honeypots e hacking de redes Wifi.

queres asistir?

17:00 a 19:00 reto GRADIANT + HIJOS DE RIVERA

inscríbete ao reto


2019
Xoves 17 de outubro

(Auditorio Neira Vilas, Gaiás)

9:00recepción e acreditación
9:30apertura

AMTEGA, CPEIG, e cátedra R ciberseguridade
10:00Estratexia Nacional de Ciberseguridad.

Mar López Gil, Responsable estratexia Responsable da Unidade ciberseguridad e desinformación do Departamento de Seguridade Nacional. Presidencia do Goberno .
10:45Mesa debate: Ciberseguridade na transformación dixital.
Moderador: María Almodóvar Periodista do Grupo Correo Gallego

Belén Pérez, network and cybersecurity, BALIDEA
Lilian Adkinson Orellana, seguridade e privacidade, GRADIANT
Rosa Seoane, Xerente de Comunicacions, Smart Things y Abanca Innova
Pilar Vila, CEO & cofundadora Forensic & Security
Susana Rey, DPO del GRUPO EUSKALTEL
11:45pausa café
12:15visión do mercado

Eduardo Mastranza, executive partner, CIO Advisory GARTNER
13:00Oportunidades de investimento en ciberseguridad da Unión Europea.

Dr. Marina Martínez-García, Punto Nacional de Contacto para o programa de Seguridade en Horizonte-2020
13:45clausura e entrega de premios
14:00viño galego

Obradoiros

1º Obradoiro:
Introducción a la auditoría de dispositivos IoT /IIoT mediante Shodan con Tiago Manuel Fernández Caramés.
Luns, 14 de outubro, de 16:00 a 20:00

Obxetivo: aprender a usar a ferramenta web Shodan para facer auditorías de vulnerabilidades en dispositivos IoT/ IIoT expostos a nivel global na internet.

Descripción: Internet das Cousas ( IoT, Internet of Things), tanto na súa variante 'doméstica', como na industrial (Industrial IoT), é un concepto que tivo un éxito rotundo grazas aos avances experimentados en electrónica e comunicacións. Debido a este éxito, existen numerosos dispositivos domóticos (e. g., neveiras, televisores, luminarias, etc…) e industriais (e. g., sistemas SCADA, robots industriais), que se atopan conectados continuamente a Internet para permitir ser controlados e monitorados.

Estructura obradoiro:

  • Introducción ao uso básico de Shodan.
  • Encontrando dispositivos IoT/IIoT e detectando seus vulnerabilidades.
  • Automatización mediante scripts.
Material para participar no obradoiro: portátil.

2º obradoiro:
Análise de vulnerabilidades en contornos Windows e Linux con Adrián Carballal Mato.

Martes, 15 de outubro, de 16:00 a 20:00

Obxetivo: transmitirlles aos asistentes a necesidade de realizar configuracions de seguridade coidadosas nos seus equipos.

Descripción: Demostración dun test de intrusión, desde os primeiros pasos de análises e enumeración, ata a explotación e toma de control de equipos Linux e Windows. O obxectivo é transmitir aos asistentes a necesidade de realizar configuracións de seguridade coidadosas nos seus equipos.

Material: recoméndase traer ao taller un equipo portátil coas seguintes características:

  • Procesador Core i3
  • RAM: 8 Gigabytes
  • Tarxeta de rede Ethernet
  • Tarxeta de rede Wi-Fi
  • Software de virtualización instalado (VirtualBox con extensión Pack)

Inscríbete nos obradoiros:

Introducción a auditoría de dispositivos IoT e IIoT mediante Shodan

Análisis de vulnerabilidades en entornos Windows e Linux


Reto Gradiant e Hijos de Rivera

Mércores, 16 de outobro as 16:30 na sala 1 da Biblioteca do Gaiás.

Creamos varios retos de ciberseguridad para que poidas demostrar as túas habilidades e destreza á hora de resolver problemas relacionados con temáticas como a criptografía, a análise forense, networking e reversing.

Cunha duración máxima de 2 horas, deberase solucionar o maior número de retos posibles. Cada reto terá unha puntuación acorde á súa dificultade, o gañador ou gañadora será a persoa que máis puntos obtivese sumando as puntuacións de cada un dos retos.
Podes consultar as bases legais en “premios”

Para quen: estudante en calquera das universidades galegas ou de ciclos formativos de grao superior en centros galegos

Material: portátil

Premio: 500 euros.

Inscribete no reto



Organiza

Colabora


ubicación

14 e 15 de outubro
(T214. Escola de enxeñería de Telecomunicación Univ. de Vigo) e (L2.02 Facultade de Informática Univ. de Coruña)

16 outubro
en Sala I Biblioteca, Gaiás

17 de outubro
Auditorio Xosé Neira Vilas (Biblioteca e Archivo de Galicia)

mapa

contacto

Pódesche poñer en contacto connosco a través da seguinte dirección: