Aceptar
Este sitio usa cookies política de cookies

sobre o evento

Nesta segunda edición de CyberSec@GAL, mantendo intacta a vocación de ser o evento referente da ciberseguridade en Galicia, falaremos sobre a normativa, solucións, retos e ameazas no campo da seguridade do universo dixital no teletraballo.


desenvolvemento do evento:


  • Nas dúas primeiras xornadas celebraranse talleres online destinados a estudantes do SUG (Sistema Universitario Gallego) e Formación Profesional co obxecto de captar talento en ciberseguridade.

  • A terceira xornada orientarase a un perfil máis específico, cunha charlae o lanzamento dun ciber-Reto online para nup e prol cun premio.

  • A cuarta xornada, desenvolta de forma semipresencial, vai dirixida ao ecosistema empresarial galego e, baixo o título “Riscos no teletraballo” contará con expertos internacionais e cunha mesa redonda específica nesta temática. Ao peche do evento presentaranse os premios de CyberSec@GAL aos mellores traballos académicos a nivel Grao, Máster e Doutoramento na área da ciberseguridade e no ámbito do SUG.


premios

  • Un premio á Tese de Doutoramento en Ciberseguridade: 700 €

  • 2 premios á Tese fin de Máster en Ciberseguridade na UVIGO e na UDC: 400 € cada un deles

  • 2 premios á Tese de Fin de Grao en Ciberseguridade na UVIGO e na UDC: 300 € cada un deles.

  • 1 premio ciber-reto CyberSec@GAL: 500€

  • ganadores


axenda


Luns 2 de NOVEMBRO
16:00 - 20:00 Taller: Explotación de vulnerabilidades en servidores Windows.
Martes, 3 de NOVEMBRO
16:00 - 20:00 Taller: Detección, identificación e análise de ameazas en redes e aplicacións.
Mércores, 4 de NOVEMBRO
16:30 - 17:00 Charla: Proxecto C1b3rWall
17:00 - 19:00 Ciber-Reto Gradiant e Defcon GAL
Xoves, 5 de NOVEMBRO
10:00 - 10:30 APERTURA
10:30 - 11:15 PONENCIA
Security: cyber defence, awareness and network measurements
  • Prof. Dr Olaf M. Maennel - Full Professor at the Centre of Digital Forensics and Cyber Security at Tallinn University of Technology
11:15 - 11:30 Presentación nodo CIBER.GAL.
  • Adrián Lence, Director de Infraestructuras y Telecomunicaciones AMTEGA
11:30 MESA DEBATE: Riesgos en el teletrabajo Modera: Manuel Vicente
12:15 - 12:30 Presentación capítulo Gallego ISMS FORUM
12:30 - 13:15 PONENCIA
Privacidade por deseño en tempos do COVID
13:15 - 13:30 CLAUSURA e ENTREGA DE PREMIOS
  • Entrega de premios
    D. Julio Sánchez Agrelo Decano COETG e Luis Pérez, Director Xeneral GRADIANT
  • Clausura
    Prof. Manuel Ramos Cabrer
    Vicerrector de Organización Académica e Profesorado, Universidade de Vigo


Talleres

1º taller:
Explotación de vulnerabilidades en servidores Windows.
Ponente: Prof. Adrián Carballal (UDC) Fernández Caramés.
Lunes, 2 noviembre , de 16:00 a 20:00

Obxetivo: Explicaranse de forma práctica os pasos para seguir, identificar e explotar as potenciais vulnerabilidades nun servidor de tipo Windows.

Bio: Adrián Carballal Mato é profesor Contratado Doutor da Universidade da Coruña e instrutor en Ciberseguridade na Escola de Especialidades Antonio Escano da Armada Española. Realiza o seu labor docente principalmente no ámbito da Seguridade Informática e en Test de Intrusión.

Material para participar no taller: SNecesitarase un portátil cun procesador con 4- core con 8 GB de RAM e 25 Gbytes de espazo libre. Ter instalada a versión VirtualBox máis recente co extensión pack. E tarxeta de rede Ethernet.


2º taller:
Detección, identificación e análise de ameazas en redes e aplicacións. Ponente: Prof. Juan Carlos Burguillo (UVIGO) e Prof. Elena Hernández (UDC)

Martes, 3 de novembro, de 16:00 a 20:00 h

Objetivo: RRevisar as principais ameazas de malware (malicious software) existentes, a forma de previlas, identificalas e neutralizalas.

Descripción: Realizarase un breve repaso conceptual á análise de malware e ás técnicas de detección e eliminación de ameazas. Estas técnicas exemplificaranse con casos de estudo prácticos usando ferramentas de código libre que os asistentes poderán instalar e/ou probar durante a sesión.

Material para participar no taller: Portátil.


Ciber-Reto Gradiant e Defcon GAL

Fecha e horario: Miércoles, 4 de noviembre 17:00 – 19:00

Descripción: Creamos varios retos de ciberseguridade para que poidas demostrar as túas habilidades e destreza á hora de resolver problemas relacionados con temáticas como a criptografía, a análise forense, networking e reversing.

Cunha duración máxima de 2 horas, deberase solucionar o maior número de retos posibles. Cada reto terá unha puntuación acorde á súa dificultade, o gañador ou gañadora será a persoa que máis puntos obteña sumando as puntuacións de cada un dos retos. Podes consultar as bases legais en “premios”

Para quen: estudante en calquera das universidades galegas ou de ciclos formativos de grao superior en centros galegos

Material: portátil

Premio: 500 euros.


charla

Fecha: Mércores, 4 de novembro
Horario: 16:30 a 17:00
Título: Proxecto C1b3rWall
descripción: Proxecto da Policía Nacional que conta coa colaboración pública e privada como eixo de acción xunto á vocación de servizo público e a difusión da cultura de ciberseguridad.
Relator: Casimiro Nevado, Inspector Profesor Escola Nacional de Policía
Chair: Fernando Pérez González



Organiza

Colabora

contacto

Pódeste poñer en contacto connosco a través da seguinte dirección: